A TVG presenta este venres a súa nova serie de ficción: Lume
mércores, 28 de maio do 2025
A Televisión de Galicia presenta en primicia Lume, a súa nova serie de ficción da canle de TV e da plataforma AGalega.gal, este venres 30 de maio ás 21:00 h no Festival Internacional de Series RÃa de Vigo. Asistirán os seus protagonistas, Cristina Castaño, Isabel Naveira ou Xúlio Abonjo, e a súa directora, Giselle Llanio. O acto estará presentado polo reporteiro da TVG Óscar Cruz e contará con caras coñecidas da canle, actores, presentadores e profesionais do sector audiovisual.
Lume, un thriller xornalÃstico con fondo social e ecolóxico composto por seis capÃtulos, chegará o vindeiro 20 de xuño á TVG. Trátase dunha coprodución galego-portuguesa con TVG e a RTP na parte pública, e co apoio do AGADIC, e de Setemedia e da produtora lusa Coral Vision Europa, na parte privada.
Lume está rodada en galego e portugués e narra a historia de LucÃa (Cristina Castaño), unha xornalista galega asentada en Lisboa que regresa á súa localidade natal tras un devastador incendio forestal. Convencida de que o lume non foi accidental, inicia unha investigación que revelará unha rede de intereses económicos e polÃticos vinculados aos incendios, que porán en risco a súa vida. O actor portugués Albano Jerónimo acompaña a Castaño no elenco, xunto a intérpretes galegos como Alfonso Agra, Xúlio Abonjo e Isabel Naveira.
A dirección está a cargo de Giselle Llanio e a música é obra da compositora galega Carme RodrÃguez.