A TVG retransmite por Facebook Live os concertos do Intercéltico de Lorient

mércores, 7 de agosto do 2019 Redacción

Por se alguén, non o sabe, estes días estase a celebrar a 49 edición do co probabelmente sexa o encontro musical e cultural máis importante do mundo céltico, con perdón do Festival do Ortigueira. Estamos a falar do Intercéltico de Lorient, na Bretaña francesa, que homenaxea este ano a cultura galega. Alí atópase estes días un equipo da TVG, dando conta das principais actividades do encontro, na que a nosa terra é co-protagonista xuntou co resto dos países célticos: Asturias, Bretaña, Cornualles, Gales, Irlanda ou Escocia, entre outros. A gran novidade tecnolóxica é que a CRTVG está a emitir por Facebook, Live algunhas das principais actuacións do certame, no que participan uns 300 artistas da todos os recantos da nosa xeografía.
Hoxe, desde as 20.20 h, o Facebook da Televisión de Galicia ofrecerá unha redifusión da Noite Intercéltica que se celebrou onte e, a partir das 21.30 h, poderanse seguir os concertos de Rubén Alba, Nevolen e Ti Lyannaj.
Por outra banda, para quen non poida seguir en directo os espectáculos, a CRTVG lembra que os medios públicos están a tirar proveito das súas canles dixitais como Twitter ou Instagram para difundir fragmentos de concertos de grupos galegos, asturianos ou escoceses.
Ademais, a compañía de televisión autonómica sinala que todo o material gravado será empregado para facer un programa especial sobre esta edición do Festival Intercéltico, que se poderá ver na Galega despois do verán. Así mesmo, os Telexornais desta semana están a informar sobre o festival, con pezas producidas polo xornalista Arturo Fernández, desprazado a Lorient.

PUBLICIDADE