A Televisión de Galicia triplica o seu consumo dixital
xoves, 2 de xullo do 2026
A presenza dixital da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) continuou medrando durante os seis primeiros meses de 2026, cun aumento xeneralizado da actividade nas redes sociais e nas súas plataformas propias. A Televisión de Galicia foi a marca da CSAG que rexistrou o maior avance en volume de consumo, ao triplicar as reproducións dos seus contidos e superar os 300 millóns de visualizacións entre xaneiro e xuño.
A estratexia de distribución de contidos adaptados tanto ás plataformas dixitais como ás emisións lineais consolida un modelo de medición crossmedia que reflicte a evolución dos hábitos de consumo audiovisual e a transformación dixital desenvolvida pola Corporación durante a última década.
No conxunto das principais redes sociais da CSAG (Instagram, Facebook, TikTok, X e YouTube), a actividade acumulada entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2026 alcanzou os 899 millóns de reproducións, un 93 & máis que no mesmo período do ano anterior. As impresións creceron un 115 & ata os 1.320 millóns, mentres que as interaccións aumentaron un 74 &, situándose en 34,4 millóns. A comunidade de seguidores tamén experimentou un importante incremento, cun total de 2,93 millóns de seguidores, un 31 & máis, o que representa preto de 700.000 novos seguidores respecto ao primeiro semestre de 2025.
A Televisión de Galicia protagonizou o maior crecemento da súa historia nas redes sociais, con 343 millóns de reproducións dos seus vídeos, o que supón un incremento do 192 &. As impresións ascenderon a 432 millóns (+177 &) e as interaccións chegaron aos 13 millóns (+205 &). Ademais, a cadea achégase ao millón de seguidores ao alcanzar os 995.264, un 42 & máis que hai un ano.
G24 tamén continuou reforzando a súa presenza dixital. O medio informativo sumou 494 millóns de reproducións (+57 &), 777 millóns de impresións (+103 &) e 21 millóns de interaccións (+68 &), mentres que a súa comunidade duplicouse ata os 742.432 seguidores (+102 &), coa previsión de superar o millón antes de rematar o ano.
A Radio Galega foi a marca que experimentou o maior crecemento porcentual da Corporación. As reproducións alcanzaron os 15,4 millóns, cun incremento do 27.264 &, mentres que as impresións aumentaron un 4.147 & ata os 22 millóns e as interaccións creceron un 7.074 &, situándose en 784.185. A emisora conta xa con 78.519 seguidores, un 33 & máis.
As redes sociais do Xabarín tamén mantiveron a súa evolución positiva e superan os 37.000 seguidores, mentres que outras marcas como En Xogo, DígochoEU e Galicia por diante contribúen igualmente aos resultados globais da actividade dixital da Corporación.
As plataformas propias tamén continúan mellorando os seus rexistros. AGalega.gal alcanzou os 781.717 usuarios, un 5 & máis que un ano antes, e incrementou un 15 & o número de sesións, superando por primeira vez os tres millóns.
Pola súa banda, G24.gal rexistrou máximos históricos ao superar por primeira vez o millón de usuarios, cun total de 1.034.256 visitantes (+32 &). A web informativa contabilizou ademais 3.072.732 sesións (+37 &) e 8.342.015 páxinas vistas, un 82 & máis que no primeiro semestre de 2025.
Segundo os datos obtidos a través de Google Analytics e Emplify Social Analytics, varios destes indicadores xa superan os rexistros acadados durante todo o ano 2025, que tamén rematara con cifras de récord para a actividade dixital da Corporación.
