A UDC acolleu unha xornada sobre violencia de xénero, comunicación audiovisual e videoxogos
luns, 27 de novembro do 2023
A
subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a directora da
Oficina de Igualdade de Xénero da UDC, Ana Neira, inauguraron este
luns 27 de novembro a xornada Comunicación e Violencia de Xénero,
na Facultade de Ciencias de Comunicación da UDC, dirixida a alumnas
e alumnos do grado de Comunicación Audiovisual. Logo do acto
inaugural da xornada, organizada pola Subdelegación e a UDC,
celebrouse un relatorio a cargo de Isabel Bértolo sobre O Rol da
Muller na Animación, ex alumna da facultade, que decidiu
especializarse na animación en 3D e que participou en películas
como Wonder Park, Paddington 2, Mowgli, Christopher
Robin, Tadeo Jones 3 ou a saga X – men; e tamén en Blue
and Malone, gañadora dun Goya á mellor curtametraxe de
animación.
Isabel
Bértolo compartiu os micromachismos máis frecuentes que viven as
mulleres no mundo da animación: mansplaining, hepeating,
maninterrupting e a desvalorización do traballo da muller. Neste
senso amosou datos e estatísticas relacionadas co sector da
animación 3D en España e a produción audiovisual, que manifestan
que “a pesar de haber máis alumnas no sector non hai igualdade de
oportunidades”.
Posteriormente
desenvolveuse unha mesa redonda, que foi conducida por Teresa
Piñeiro, directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas
(CEXEF), na que as participantes quixeron poñer o acento, cada unha
dende o seu espazo de referencia, sobre como as mulleres se ven
reflectidas nos distintos medios e soportes comunicativos, facendo
especial mención ao tratamento informativo – comunicativo da
violencia de xénero.
Así
a fotoxornalista Vanessa Casteleiro salientou a necesidade de
representar a historia das mulleres xa que “non esta escrita nin
por mulleres nin para mulleres”, polo que é imprescindíbel un
traballo de entender, difundir e escoitar. Tamén recalcou que o
fenómeno social de alta presencia en medios está reservado para os
crimes machistas máis morbosos, caendo no sensacionalismo, e
mentres que das mulleres vítimas se comparte toda a súa
información persoal, dos perpetradores non se sabe nada.
Pola
súa banda Priscila Retamozo, creadora de contidos e produtora de
programas en diverso formato (radio e vídeo) explicou como o ascenso
dos discursos negacionistas recalca a necesidade da formación con
perspectiva de xénero e que “non se pode comunicar de forma
correcta e verídica invisibilizando á metade da poboación”.
Finalmente
a Presidenta da Asociación Mirabal, Ana Saavedra, en representación
das asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero falou
dos cambios mais significativos no ámbito da violencia de xénero
dende a creación da asociación, e de como a comunicación arredor
da violencia machista.
Esta
xornada é unha actividade máis das desenvolvidas dende a
Subdelegación do Goberno na Coruña con motivo do 25N, Día
Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Ao
igual que a campaña desenvolvida en redes sociais durante toda a
semana pasada, a Subdelegación do Goberno quixo centrar ás
mensaxes en achegarse á xente nova, e neste caso, as mozas e mozos
da universidade.