A UDC concederá 82 axudas para o acceso a Internet do alumnado

venres, 22 de maio do 2020 Sonia Pena

Co obxectivo de mitigar entre a comunidade de estudantes as graves consecuencias sanitarias e económicas da COVID-19, a Universidade da Coruña vai destina un total de 79.000 euros en dúas convocatorias de axudas extraordinarias ao seu alumnado polas “dificultades derivadas da pandemia”, aumentando a partida orixinal prevista para estas accións, que era de 40.000 euros, debido ao elevado número de solicitudes presentadas.
Por unha banda, entregaranse 242 axudas para o pago de matrícula a aquel alumnado cunha situación de dificultade económica sobrevida pola crise sanitaria. Estas subvencións oscilan entre os 160 e os 300 euros.
Por outra banda, concédense 82 axudas para colaborar no pago do acceso aos servizos de Internet. Estas axudas varían desde os seis ao corenta euros por estudante.

PUBLICIDADE