A UDC presenta en Vigo os seus proxectos de investigación en IA
venres, 7 de xullo do 2023
O reitor da
Universidade da Coruña, Julio Abalde, xunto co director do Centro de
Investigación TIC da UDC (CITIC) Manuel González Penedo e a catedrática da UDC
Amparo Alonso reunÃronse
onte en Vigo co Grupo Vicus Gallaecia para falar de intelixencia artificial.
No marco da
reunión, os representantes de Vicus Gallaecia puideron coñecer o
desenvolvemento das investigacións que se están levando a cabo na UDC en
materia de IA, asà como os proxectos de cooperación con empresas. Na
actualidade, o CITIC está levando a cabo 88 proxectos competitivos empresariais
e ten vixentes ata 102 contratos con empresas.
A UDC é un
referente en Intelixencia Artificial aplicada ás empresas. A IA supón hoxe en
dÃa unha ferramenta imprescindible, non só para as empresas tecnolóxicas, senón
que afectará transversalmente a todos os sectores empresariais.