A UDC xunta nunhas xornadas aos principais representantes do sector estatal dos videoxogos

luns, 25 de outubro do 2021 S. P.

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, en colaboración co Campus Innova, organiza as Xornadas UDC de Desenvolvemento de Videoxogos 2021. Desenvolverase entre o 2 e o 8 de novembro e contarán cun número relevante de profesionais da industria galega e española, sumando esforzos para abordar distintos aspectos deste ámbito creativo-tecnolóxico como o deseño, a narrativa, o estado da industria ou a mercadotecnia de videoxogos.
O evento contará coa participación do fundador e director do Congreso Internacional Mundos Digitales e do vicepresidente de desenvolvemento da Asociación Española de Videojuegos (AEVI), así como representantes de King, Troglobytes Games, Out of the Blue Games e Ubisoft.
Todas as charlas serán de acceso libre e a maioría realizaranse en liña podéndose seguir nas ligazóns que se atopan habilitadas no programa da páxina web do evento.

PUBLICIDADE