A UNED Ourense organiza un curso sobre IA para a sociedade
luns, 27 de outubro do 2025
A Intelixencia Artificial (IA) chegou para quedarse e cada vez está máis presente en todos os eidos. Dende a UNED Ourense sábeno e veñen de anunciar un curso sobre Intelixencia Artificial para a sociedade organizado por primeira vez na súa Aula de Extensión Universitaria da Rúa de Valdeorras. Ao longo de dous dÃas este curso centrarase en como a IA pode servir de apoio a nivel educativo, laboral e mesmo na vida cotiá. Esta actividade vai encamiñada a todos os interesados en achegarse ao mundo da IA desde unha perspectiva ampla, integradora e moi completa, baseada na experiencia dos relatores.
A IA tamén está presente a nivel laboral, e cómpre estar ao dÃa neste tipo de procesos, os cales supoñen a automatización de tarefas, nalgúns casos a mellora da eficiencia e produtividade, potenciar a innovación e a creatividade, axilizar a toma de decisións, etc. E tratando á vez o uso da Intelixencia Artificial desde o punto de vista ético, os seus riscos e lexislación. Comezando pola súa historia e a súa evolución, tipos de IA, definición e lexislación, o curso irase enfocando en aplicacións a nivel laboral e sobre todo, educativo.
En canto ás e aos relatores, dicir que contan con ampla formación e experiencia en impartir cursos sobre Intelixencia Artificial. Son: Fina Paulos Lareo (Profesora de ensino secundario na especialidade de Informática) e Óscar Manuel Rei Calo (Profesor de ensino secundario na especialidade de Sistemas e Aplicacións Informáticas), ambos exercen a súa profesión no IES Maximino Romeu de Lema (Zas-A Coruña). Ambos os docentes figuran entre os dez profesores finalistas dos Premios Educa Abanca Mellor Docente de España 2025.
Este curso terá lugar os dÃas 14 e 15 de novembro de 2025 na aula UNED da Rúa, consta de 8 horas lectivas e poderá seguirse de xeito presencial ou en liña, ben en directo ou en diferido. As prazas son limitadas.
