A USC lanza un mentoring para acompañar persoas emprendedoras na creación de plataformas dixitais
luns, 17 de novembro do 2025
A Universidade de Santiago de Compostela lanza un programa de mentoring de balde para acompañar persoas emprendedoras no desenvolvemento de plataformas dixitais. A convocatoria está dirixida a quen queira crear a súa propia plataforma (por exemplo xestionar compras compartidas ou produción a demanda, free tours, actividades deportivas ou aulas particulares, entre outros ámbitos). As plataformas poden ser concibidas como novas liñas de negocio ou como novos proxectos empresariais e priorizarase a figura cooperativa.
O programa ofrece acompañamento especializado e formación práctica, en modalidade virtual e presencial. As sesión de asesoramento serán personalizadas e a formación abrangue as fases iniciais de selección e traballo coas ideas de plataformas dixitais, a definición do modelo de negocio e a capacitación do equipo, xunto coas fases máis técnicas enfocadas no desenvolvemento da plataforma, asà como a definición dun plan comercial e de captación de persoas usuarias, co obxectivo de acurtar tempos de saÃda ao mercado e consolidar o proxecto.
A inscrición (en liña) ficará aberta ata o 5 de decembro. As persoas interesadas tamén poderán solicitar información a través do teléfono 687 333 709 e do correo usc@es-factory.eu. Tamén poderán seguir as novidades a través de @economia_social_usc
Esta actuación desenvólvese no marco de ES-Factory (Interreg España–Portugal), un proxecto de cooperación interrexional para impulsar emprego de calidade e promover a economÃa social na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. O partenariado esta composto pola Xunta de Galicia, USC, AGACA, EspazoCoop, UTAD, InCubo e TecMinho, e conta con AESGAL como socio sen financiamento.
