A UVigo celebra o DÃa da Muller e da Nena na Ciencia con mancheas de actividades
mércores, 5 de febreiro do 2025
A Universidade de Vigo xa ten todo preparado para a celebración do DÃa Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, este 11 de febreiro. Haberá actividades (obradoiros, feiras, charlas, premios e mostras) por toda Galicia e tamén sesións abeiradas aos programas Elas Fan CienTec, no Campus de Vigo, e eXXperimenta en Feminino, no de Ourense. Trátase de dar a coñecer a ciencia que dÃa a dÃa se realiza na UVigo, pondo en valor o talento e traballo das súas investigadoras, achegando referentes femininos no campo da I+D e incentivando as vocacións cientÃficas nas novas xeracións.
O programa de actividades está impulsado polas propias docentes e investigadoras, os centros de investigación, escolas e facultades, a Unidade de Igualdade e a Unidade de Cultura CientÃfica e da Innovación, en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y TecnologÃa (Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades).
Obradoiros Elas Fan CienTec
Os obradoiros Elas Fan CienTec, que este ano acadan xa a súa novena edición, serán o martes 11. Alumnas de catro institutos da provincia de Pontevedra visitarán varios centros de investigación e escolas do campus para coñecer o traballo que as investigadoras levan a cabo nos seus laboratorios.
O Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, recibirá a visita dun grupo de alumnas do IES Santa Irene de Vigo que poderán escoller entre sete obradoiros, incluÃndo xogos de rol sobre as doenzas raras, preparación de nanopartÃculas de ouro ou simulación de encapsulación de fármacos. No caso da Escola de EnxeñerÃa Industrial, alumnas do IES Monte Carrasco (Cangas) converteranse en entrevistadoras por un dÃa para coñecer de preto as enxeñeiras que traballan nesta escola.
Na Escola de EnxeñarÃa de Minas e EnerxÃa un grupo de alumnas do IES Ricardo Mella competirán, entre outras actividades, por construÃr o muro de terra armada máis resistente. Por último, as estudantes do IES Castelao visitarán a Escola de EnxeñarÃa de Telecomunicación para realizar dende unha sesión de detectives de imaxes ata unha clase de robótica con CuteBot.
eXXperimenta en Feminino, o venres 14 en Ourense
O outro prato forte da celebración do 11F na UVigo é a feira divulgativa eXXperimenta en Feminino. VIII Xornada de Divulgación en Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa e Matemáticas, que desta volta celebrarase o venres 14 de 09.00 a 18.00 horas no edificio Politécnico e arredores.
Aberta a alumnado de toda a provincia e ao público xeral, as persoas participantes poderán achegarse a 13 postos diferentes para facer multitude de experimentos e coñecer as titulacións STEM (siglas de Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa e Matemática) que se imparten no Campus de Ourense.
Todas somos ciencia, este venres dÃa 7 no Marco
Como antesala de todas estas actividades desde o CINBIO organizaron para este venres dÃa 7 no museo Marco de Vigo o coloquio Todas somos ciencia, unha actividade coorganizada coa SEBBM, Sociedade Española de BioquÃmica e BioloxÃa Molecular, á que asistirán preto dun cento de alumnas e alumnos de 5º e 6 de primaria do CPI da Ribeira, en Porriño, e do colexio internacional O Castro, de Vigo.
Será de 10.00 h a 12.00 h e intervirán diferentes cientÃficas do centro (MarÃa Mayán, Verónica Salgueiriño, Begoña Puértolas, Margarita Vázquez...), asà como Guadalupe Sabio, directora dun grupo de investigación do Centro Nacional de Investigacións Oncológicas, CNIO.
Entrega de premios no CIM o luns 10
No caso do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM, elixiu a véspera do 11F, o luns 10, para celebrar a entrega dos premios da segunda edición do Concurso Marie Tharp. Dirixidos a mulleres investigadoras de pre e posdoutoramento do centro que quixesen contar o seu traballo nunha peza audiovisual dun minuto de duración, a entrega de galardóns será ás 13.00 h no novo salón de grados do edificio de Ciencias Experimentais.
Charla interxeracional o xoves 20 en Ourense
Avanzando xa no mes de febreiro, a UCC+i, en colaboración coa Unidade de Igualdade, organizou para o xoves 20 un faladoiro no Campus de Ourense, unha charla na que catro investigadoras de diferentes xeracións compartirán as súas experiencias como mulleres na ciencia. Será ás 11.00 horas no salón de graos da Facultade de Educación e Traballo Social (edificio de facultades, andar 4ª), con acceso libre ata completar a capacidade. Participarán Ana Gil Iglesias, investigadora predoutoral nos efectos da exposición forestal no sistema nervioso autónomo; Andrea Mouriño Schick, investigadora posdoutoral centrada no estudo das narrativas de xénero na Prehistoria e a súa transferencia; Nieves Lorenzo, catedrática da área de FÃsica da Terra e actual directora da Escola de EnxeñarÃa Aeronáutica e do Espazo; e MarÃa Lameiras, catedrática na área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos no ámbito dos Estudos de Xénero e Sexualidade. Moderará o debate Yolanda RodrÃguez, nova directora da Unidade de Igualdade da UVigo.
Exposición Mulleres investigadoras no CINTECX todo o mes
Ao longo de todo este mes pode visitarse tamén no Centro de Investigación en TecnoloxÃas, EnerxÃa e Procesos Industriais, CINTECX, a exposición Mulleres investigadoras Cintecx 2025, inaugurada a pasada semana, na que se poden ver os carteis coas ilustracións das investigadoras do calendario 2025 do centro, 12 láminas nas que se pon en valor o traballo de 12 das súas enxeñeiras e, en xeral, o traballo da muller na investigación. Coincidindo coa inauguración da mostra celebrouse tamén unha mesa redonda con participantes de distintos ámbitos sobre mulleres na investigación.
Charlas e actividades en escolas e institutos de toda Galicia
As celebracións espállanse tamén por escolas e institutos de toda Galicia con charlas e obradoiros impartidos por máis de medio cento de investigadoras da UVigo sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxÃa. Serán ao longo de todo o mes de xaneiro.
Asà mesmo, dende a Unidade de Igualdade, enviaron aos 88 centros de secundaria da provincia de Pontevedra unha mostra do proxecto Bravxs que se leva a cabo a través da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo. Esta iniciativa, ilustrada por Marta Riera, recolle figuras destacadas en ámbitos de coñecemento diversos para ofrecer referentes femininas e recoñecer as achegas das mulleres á investigación e á innovación cientÃfica. No envÃo xuntouse un folleto divulgativo cos resultados das primeiras cinco edicións da convocatoria de investigación da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo.
Concurso creación artÃstica
A maiores, no Campus de Ourense, a Facultade de Ciencias, a Escola de EnxeñarÃa Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de EnxeñarÃa Informática, celebrou tamén o xa tradicionalcConcurso escolar de creación artÃstica polo DÃa Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, dirixido a alumnado de primaria (a partir de 3º) e secundaria. O prazo para presentar os traballos rematou o pasado 25 de xaneiro e a entrega de premios levarase a cabo nun acto especial nunha data aÃnda por determinar ao longo deste mes.