A Ultimate Sith Edition de El Poder de la Fuerza chega ás tendas españolas

venres, 6 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Hoxe chegou ás tendas españolas unha nova edición de Star Wars: El Poder de la Fuerza na que inclúen as 3 expansións descargables do xogo editadas ata o momento polo atractivo prezo de 39,95 euros, o que supón un importante aforro para os afeccionados ao universo da Guerra das Galaxias (pois que por pouco máis do prezo do xogo poden mercarse tamén os contidos adicionais), aínda que o seu lanzamento en caixa iría destinado principalmente aos usuarios que non teñen conectadas as súas consolas á Internet (de xeito que non teñen acceso aos contidos descargables).
Esta Ultimate Sith Edition inclúe unha nova trama do xogo chamada Infinities, que está ambientada nunha liña temporal paralela na que o Aprendiz Segredo de Darth Vader derrotou ao seu mestre e ocupou o seu lugar xunto ao Emperador, tendo así que enfrontarse en novas aventuras a personaxes moi coñecidos polo público coma Obi Wan Kenobi, Bobba Fett ou o propio Luke Skywalker.
Polo momento só están dispoñible as versións de Xbox 360 e PlayStation 3 desta nova edición en soporte físico do xogo, chegando a entrega para PC o vindeiro 20 de novembro.

PUBLICIDADE