A VI edición do Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal xa ten palmarés
luns, 12 de xuño do 2023
Máis dun milleiro de persoas de todas as idades con textos de até
200 palabras quixeron probar sorte na sexta
edición do Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega (RAG) e
PuntoGal. Xa se deron a coñecer os e as premiadas
deste certame. Nel Vidal (Artes,
Ribeira, 1980) acadou o primeiro premio na categorÃa de adultos, á
que se presentaron arredor de 450 relatos, con Deberes de lingua,
un texto de 67 palabras para reflexionar sobre o que significa
compartir a vida. O autor foi técnico de normalización lingüÃstica
do Concello de Carballo durante quince anos, presidente da
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e
director do Culturgal, na actualidade adÃcase á docencia de Lingua
Galega e Literatura.
O segundo premio de persoas adultas é para Nanda Costas Misa (Vigo,
1978), por A foto. Nanda, costureira e contacontos, veciña de
Nigrán, escribe unha emotiva historia de 196 palabras que viaxa a
tempos pasados nos que a fotografÃa foi máis ca nunca unha maneira
de inmortalizar os seres queridos.
O terceiro premio na categorÃa de adultos foi para Mónica Fraga
RodrÃguez (A Laracha, 1974), na actualidade veciña de Oleiros, co
relato titulado Zen, que consegue arrincar o sorriso con só
46 palabras. Licenciada en FÃsica, é profesora de TecnoloxÃa do
mencionado IES Rego de Trabe, do que é a directora.
Na modalidade xuvenil, á que concorreron case 400 mozos e mozas
entre os 12 e os 17 anos, o xurado premiou as historias de tres mozas
de Ames, Vigo e Teo. Andrea Bravo López (Ames, 2009), estudante do
IES do Milladoiro, acadou a máxima distinción con Querer, o
relato, con só 9 palabras, máis breve dos nove galardoados. O
segundo premio é para MencÃa Jorge Cabaleiro (Vigo, 2006), alumna
do IES Castelao da súa cidade natal, por Perda, un texto de
191 palabras sobre o que vai ficando atrás a vida e a ferida que
deixa; e o terceiro para Beatriz MartÃnez GarcÃa (Teo, 2006),
alumna do IES de Cacheiras, por Cun pouco de azucre, un relato
que transmite unha chea de emocións desacougantes en só 85
palabras.
A categorÃa infantil contou coa participación de preto de 200 nenos
e nenas de ata 11 anos. Ainhoa Valverde Silva (Baiona, 2012), alumna
CPI de Cova Terreña, foi recoñecida co primeiro premio por O meu
irmán, de 93 palabras; Arwen Fernández GarcÃa (Nigrán, 2014),
alumna do CEIP Humberto Juanes, recibiu o segundo por O poema,
o segundo relato máis curto de todos os distinguidos, de só 11
palabras; e Mai Lemmen (Geldrop, Holanda, 2016), alumna do CEIP
Castrelo de Miño, foi recoñecida co terceiro por A gatiña
saltarica, de 40 palabras.
Os relatos presentados na modalidade de persoas adultas foron
valorados polo xurado composto polo presidente da RAG, VÃctor F.
Freixanes; o presidente de PuntoGal e tamén académico de número,
Manuel González González; a académica de número MarÃa Dolores
Sánchez Palomino; o director xeral de PuntoGal, DarÃo Janeiro; e a
xornalista RosalÃa MacÃas TarrÃo. O xurado das modalidades
infantil e xuvenil integrárono o académico de número Gonzalo
Navaza, a académica correspondente Celia Pereira Porto, a profesora
da Universidade de Vigo e secretaria da xunta directiva de PuntoGal,
Edita de Lorenzo, e o mestre e escritor Lois Pérez.
As persoas gañadoras recibirán distintos premios tecnolóxicos
(computadores, consolas, lectores electrónicos de libros) e
relacionados coa lectura nun acto público que se celebrará
proximamente. Nun futuro próximo poderán lerse os relatos gañadores
nunha edición dixital.