A VI edición do Talentos Inclusivos do CITIC da UDC abre o prazo de inscrición para os centros educativos
xoves, 25 de setembro do 2025

Servir de ponte entre a mocidade e os retos tecnolóxicos propostos por persoas con parálise cerebral fomentando as vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) é o obxectivo da VI edición do programa Talentos Inclusivos do CITIC da Universidade da Coruña (UDC). Esta proposta, convocada pola ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a través da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, vai dirixida aos centros educativos de Galicia, que xa poden facer as súas solicitudes.
Indo ao programa, sinalar que combina innovación tecnolóxica e atención á diversidade, impulsando a creatividade, o pensamento tecnolóxico e a colaboración entre o alumnado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, promovendo solucións tecnolóxicas que melloren a calidade de vida das persoas con discapacidade. Grupos de traballo formados por estudantes, profesorado, persoal investigador do CITIC da Universidade da Coruña e entidades sociais colaborarán no deseño e desenvolvemento de retos tecnolóxicos reais. As propostas poderán abranguer eidos como comunicación aumentativa, robótica con fins rehabilitadores, domótica accesible, impresión 3D de produtos de apoio ou xogo inclusivo.
Máis polo miúdo, cada reto contará con ata 10 estudantes, mentres que cada centro poderá implicarse en máis dun, cun máximo de 40 participantes. A selección de centros realizarase mediante criterios que valoren experiencia previa, dispoñibilidade de recursos tecnolóxicos e instalacións, asà como participación noutros programas educativos semellantes.
En canto ás solicitudes deberán enviarse por correo electrónico a asesoria.igualdade@edu.xunta.gal ata o vindeiro 7 de outubro, dÃa que finaliza o prazo de presentación de solicitudes.
Engadir que as actividades comezarán tras a resolución dos centros seleccionados e prolongaranse ata o acto de peche, previsto para o 11 de xuño de 2026. Os centros deberán asistir aos eventos de inicio e peche, organizar sesións de sensibilización sobre discapacidade e cumprir cos prazos de entrega dos proxectos.
Asemade, o profesorado participante recibirá unha certificación oficial de 20 horas de formación permanente en innovación educativa, recoñecendo a súa contribución á implementación e coordinación do programa. Os resultados tecnolóxicos desenvolvidos poderán aplicarse nos centros, entidades sociais e a través do CITIC, promovendo un modelo educativo inclusivo e tecnoloxicamente avanzado.
