A Wii U aposta por figuras coleccionables e franquÃas consolidadas para fornecer o seu futuro
martes, 10 de xuño do 2014
Nintendo
leva uns anos afastada dos focos da feira E3, por considerar que este evento
non é o máis axeitado para amosar os seus últimos produtos (principalmente para
evitar as inevitables comparacións coas consolas de nova xeración dos seus
competidores) pero aproveita igualmente a data para anunciar novidades, e hoxe
tocoulle a quenda desta edición, cunha especie de Nintendo Direct moi especial,
no que unha das grandes novidades foron as
figuras Amiibo, que van na liña de Skylanders
ou Disney Infinity, achegando estas
pezas no mundo real aos videoxogos, o que neste caso é posible grazas á
tecnoloxÃa NFC integrada no mando da Wii U.
O primeiro xogo que aproveitará estas figuras será Super Smash Bros. para Wii U, tÃtulo que tamén veremos na Nintendo
3DS o vindeiro 3 de outubro (mentres que a versión para a consola doméstica
sairá no inverno nunha ata aÃnda por determinar, dando a impresión de que
dependerá en boa media á distribución das figuras Amiibo). Outros xogos que
tirarán proveito de Amiibo en Wii U serán Mario
Kart 8, Captain Toad: Treasure
Tracker, Mario Party 10, Yoshi’s Woolly World e algúns outros.
Esta funcionalidade tamén estará presente na Nintendo 3DS a través dun
periférico que poderá adquirirse o ano que vén.
Nintendo parece querer corrixir o mal rumbo da Wii U, e para facer tal anunciou
unha serie de grandes xogos para os vindeiros meses, que farán que a consola
doméstica poida por fin amosar do que é capaz. Un deses grandes tÃtulos será, sen
dúbida, o anuncio
de The Legend of Zelda para Wii U,
un xogo cun basto mundo aberto que explorar que rachará coa estrutura lineal
dos seus predecesores e amosará unha aparencia gráfica tamén renovada, e que
ten previsto o seu lanzamento para 2015.
Tamén rechamante é o anuncio
de Mario Maker para Wii U, tamén
en 2015, que será unha ferramenta que permitirá construÃr os nosos propios
niveis de Super Mario Bros co mando
táctil da Wii U, e que é de agardar que sexa moi ben recibido polos seareiros
das aventuras do fontaneiro de Nintendo que sexan máis creativos.
Pero non todos os lanzamentos se farán agardar ata o ano que vén, senón que o
vindeiro outono xa poderemos gozar de Hyrule
Warriors, un tÃtulo que toma a mecánica dos xogos de hack and slash da saga Dynasty
Warriors e mestúraa cos personaxes de The
Legend of Zelda, dando lugar a un curioso xogo para Wii U que teremos nas
tendas a partir do 19 de setembro.
No evento de vÃdeo de hoxe tamén puideron verse xogos como Yoshi’s Woolly World (que bebe claramente de Kirby en el Reino de los Hilos), Pokémon Rubà Omega e Pokémon
Zafiro Alfa (dispoñibles a partir de novembro), Bayonetta 2 (que sairá á venda en outubro), Xenoblade Chronicles X e Splatoon.
- Hyrule Warriors será un dos grandes lanzamentos para Wii U no que resta de ano
- Bayonetta 2 é o principal reclamo para que os xogadores hardcore aposten pola Wii U
VÃdeo completo coas novidades de Nintendo para os vindeiros meses