A Wikipedia en español súmase ás protestas contra a reforma da lexislación europea de dereitos de autor

mércores, 4 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Finalmente a Wikipedia en italiano non quedará soa á hora de protestar contra a reforma da lexislación sobre copyright, e a Wikipedia en español únese ás accións cun comunicado de seu, no que lembran que a nova directiva sobre dereitos de autor podería danar seriamente a Internet tal e como a coñecemos. O escurecemento da Wikipedia en español manterase até as 12:00 horas do xoves, ou sexa, do día no que se vota a polémica proposta.
Dende Wikimedia levan tempo promovendo accións para protexer o acceso ao coñecemento e a preservación do dominios público, así como loitando contra lexislacións que poden considerarse ridícula actualmente, como as que limitan o dereito a empregar fotografías en certos lugares públicos (por verse edificios ou estatuas consideradas con dereitos de autor).
Lembremos que a lexislación contra a que están a realizarse distintas mobilizacións inclúen compensacións económicas ás ligazóns de Internet que inclúan citas e tamén establecen filtros automáticos para protexer o copyright, a vez que trasladan a responsabilidade das violacións dos dereitos de autor aos prestadores de servizo, o que vulnera outras leis europeas vixentes, de aí que resulte incomprensilbe que a proposta actual chegase tan lonxe.

PUBLICIDADE