A XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico pode ser visitada virtualmente
venres, 15 de decembro do 2023
A
XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico estreou unha vertente
tecnolóxica (Bienal Virtual) que permite percorrer a exposición
formada por 25 obras de artistas de Galicia e do Norte de Portugal.
Nesta galerÃa virtual, accesÃbel vÃa web,
cada cadro contén un globo de información cos datos da obra e o
autor ou autora, non só para coñecer máis en detalle a súa obra,
senón tamén para facilitar o contacto do artista.
As
dúas ducias de pezas que forman a exposición contan cunha ampla
variedade de estéticas e técnicas, de artistas de Galicia e do
Norte de Portugal. A selección, de entre as 104 obras que se
inscribiron ao concurso, foi realizada polo xurado formado, nesta
edición, por Helena Mendes Pereira, que o presidiu, e tamén Sara
Pérez Bello, designada pola Xunta de Galicia, João Ribeiro da
Silva, designado pola Direção Rexional de Cultura do Norte,
PatrÃcia Oliveira, designada polo Instituto Português do Desporto e
da Juventude e Tito Senna, gañador da XIII Bienal.
A
exposición da XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico inaugurouse o
23 de novembro na Lanuxe Cárcere de Lugo, onde se poderá visitar
ata o 30 de decembro.
A
partir do mes de xaneiro de 2024, a exposición percorrerá as
cidades de Braga, Bragança, Maia, Ribeira, Felgueiras, Vila Real,
Vila Nova de Gaia, Barcelos, finalizando no mes de outubro en
Monforte de Lemos.
Esta
actividade está co-financiada polo proxecto Fénix, no marco do
programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.