A Xbox 360 celebra a chegada do verán con rebaixas

martes, 2 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Coa chegada do verán moitas das plataformas de descargas de videoxogos emprenden o seu peculiar período de rebaixas, que no caso de Microsoft esténdese tamén ao mundo físico, de xeito que ata o 15 de agosto rebaixará 50 euros na súa consola Xbox 360, reduce por tempo limitado o prezo dos xogos Halo 4, Gears of War: Judgement e Forza Horizon a 49,99 euros cada un e ofrece un 20% de desconto no servizo Xbox LIVE Gold durante coa compra dunha Xbox 360.
Aínda que estas ofertas parezan bastante boas, non serán poucos os usuarios da Xbox 360 os que considerarán máis atinadas as rebaixas que ofrecen no Bazar de Xbox LIVE, onde ata o 5 de xullo poderán mercarse por só 9,99 euros os xogos Assassin’s Creed III, Borderlands 2, Far Cry 3 e Max Payne 3, todos grandes títulos que de seguro que moitos aproveitarán para adquirir, e aos que acompañan outros xogos máis modestos (e vellos) que estarán dispoñible ata o 8 de xullo como Dragon Age: Origins a 4,99 euros, WWE ’13 a 14,99 euros, Crysis a 4,99 euros ou Bulletstorm a 4,99 euros, entre outros.
Nas vindeiras semanas estarán dispoñibles tamén outras ofertas que afectarán a xogos como Bioshock Infinite, Crysis 3, Metal Gear Rising Revengance, Tomb Raider ou X-COM: Enemy Unknown.

Assassin’s Creed III, Borderlands 2, Far Cry 3 e Max Payne 3 poden mercarse a 9,99 euros cada un por tempo limitado

PUBLICIDADE