A Xbox 360 celebrará o 10º aniversario de Xbox cun atractivo pack
venres, 24 de febreiro do 2012- Caixa do pack de Xbox 360 que pode verse en Amazon.fr
A tenda en liña de Amazon en Francia vén de revelar un novo
paquete de Xbox 360 á venda a partir do 9 de marzo que chegarÃa para
celebrar o décimo aniversario da primeira Xbox en Europa (que chegara ás tendas
o 14 de marzo de 2002), polo que ofrecen o modelo con disco duro de 250 Gb da
Xbox 360 con 2 mandos sen fÃos, os xogos Halo
Combat Evolved Anniversary Edition, Halo
Reach, Fable III, Gears of War 2 e 3 meses de Xbox LIVE
Gold por só 280 euros.
Este paquete de Xbox 360 é un bo xeito de introducir a consola de Microsoft
no fogar por incluÃr 2 mandos e varios dos xogos máis significativos desta
plataforma, contendo o seu prezo para animar aos indecisos ampliar o parque de
máis de 65 millóns de consolas Xbox 360, que pese a percepción que temos dende
España, supera por unha boa marxe á PlayStation 3 de Sony.