A Xbox 360 con Kinect contará cunha nova versión en branco

martes, 28 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Microsoft estrea nos EE.UU. un novo paquete de Xbox 360 con capacidade de almacenamento de 4 Gb e o sensor Kinect en cor branca, pensando nun público familiar, polo que tamén inclúe os xogos Kinect Sports e Kinect Adventures. Completan o lote un mando branco sen fíos e 3 meses de subscrición ao servizo Xbox LIVE Gold por 299,99 dólares (222,59 euros).
O novo paquete coa Xbox 360 branca e o sensor Kinect chegará a Brasil e Europa nos vindeiros meses, sen concretarse aínda a súa data de lanzamento nin prezo. Podemos ver máis detalles sobre este novo produto no seguinte vídeo:


ACTUALIZACIÓN: Confírmase a chegada deste pack a España no mes de maio a un prezo recomendado de 299,95 euros.

PUBLICIDADE