A Xbox 360 contará cun mando optimizado para xogos de fútbol
xoves, 21 de agosto do 2008
Na Games Convention de Leipzig presentouse un novo modelo de mando para a
Xbox 360 que se venderá só por tempo limitado e que estaría
optimizado para o xogo Pro Evolution
Soccer 2009, polo que este controlador se vendería só para Europa, Asia
e América Latina.
O lanzamento deste novo mando será o 24 de outubro, de destacaría por mellorar
a súa cruceta de xeito que podería
rexistrar 32 direccións de movemento, o que melloraría a experiencia de uso de
xogos nos que se empregue o d-Pad
coma mecanismo de control principal.
O mando será verde (algo lóxico se pensamos que está orientado para o seu uso
nun xogo de fútbol) e se fala da posibilidade de que se venda solto ou co PES 2009. Tamén é posible que
este mando funcione especialmente ben no xogo Street Fighter IV, polo que o que sorprende é que sexa unha
edición limitada en vez dunha actualización do mando da consola de Microsoft.