A Xbox 360 inicia as súas rebaixas dixitais co gallo do Black Friday

martes, 26 de novembro do 2013 Marcus Fernández

The Bureau: XCOM Declassified poderá mercarse estes días por só 19,79 euros

Estamos ante unha semana moi especial nos EE.UU., onde a celebración do Día de Acción de Grazas e a inminencia da campaña de Nadal deixa un oco para as ofertas o venres e o luns, días chamados Black Friday e Cybermonday, que vívense especialmente no sector tecnolóxico, polo que habitualmente é posible encontrar en tal data consolas e videoxogos con grandes descontos como unha táctica das compañías para instar a facer compras de Nadal anticipadas, e este ano non ía ser menos, e Microsoft xa informa dunha chea de descontos na súa tenda de descargas para Xbox 360.
Entre os xogos que estarán de oferta ata o 2 de decembro podemos destacar a grandes títulos como The Bureau: XCOM Declassified (co 67% de desconto), Masacre (Deadpool) (co 40% de desconto), Skyrim (cun 50% de desconto), Fallout 3 (cun 50% de desconto), Tomb Raider (cun 50%) e Sleeping Dogs (co 38% de desconto) entre moitos outros; algúns títulos interesantes como Rayman Legends agardarán ao venres para pórse de oferta (no caso mencionado, o atractivo xogo de plataformas poderase adquirir pola metade do seu prezo habitual); e xa o luns teremos xogos como Red Dead Redemption, The Witcher 2, Dark Souls e L.A. Noire (entre outros) cun 75% de desconto. En definitiva, unha magnífica oportunidade para completar o catálogo de xogos descargables para a Xbox 360, aínda que non debemos esquecer que tamén haberá moitas ofertas dispoñibles en soporte físico en moitas tendas tanto físicas como en liña.

Rayman Legends terá un 50% de desconto durante o vindeiro venres

PUBLICIDADE