A Xbox 360 supera as 750.000 consolas vendidas no Black Friday
martes, 27 de novembro do 2012
A estrea da Wii U nos EE.UU. parecÃa un grande éxito ao conseguir
colocar 400.000 unidades na súa primeira semana, esgotándose as súas
existencias, pero agora que Microsoft publica os resultados durante o pasado
venres da súa consola doméstica, os resultados da Wii U vense totalmente
eclipsados polas máis de
750.000 consolas Xbox 360 que conseguiron vender nos EE.UU. durante o Black
Friday. Non só tiveron unhas boas vendas da consola, senón que tamén
rexistraron un incremento de máis do 50% das subscricións a Xbox LIVE Goldj
fronte a xornada do ano pasado, indicando que o interese polo xogo en liña
continúa en aumento.
Durante a fin de semana a actividade de Xbox LIVE tamén foi trepidante, con
máis de 72 millóns de horas de uso en só 1 dÃa, o que supón un 43% máis que no
Black Friday de 2011. En definitiva, que Microsoft tivo un Black Friday de
grande éxito e a Xbox 360 volveu demostrar que é a consola de videoxogos lÃder
nos EE.UU.
Cómpre destacar que hoxe
mesmo a Xbox 360 está a recibir unha actualización do seu software de sistema,
que é de obrigada instalación para os usuarios que queiran gozar de Xbox LIVE,
e que corrixe certos problemas detectados con Xbox SmartGlass, Xbox Video e
Xbox Music.