A Xbox One atópase en plena produción e chegará a España o 22 de novembro

mércores, 4 de setembro do 2013 Marcus Fernández

A revista Wired <a href="http://www.wired.com/gadgetlab/2013/05/xbox-one-development-photos/">amosou hai un meses o interior da futura Xbox One</a>A futura consola de videoxogos de Microsoft, a Xbox One, chegará ao mercado en novembro, e aínda que non se indicou a data final na que chegará ás tendas, o que finalmente español o 22 de novembro e confirmouse que xa está en plena produción, pois así o anunciou un dos responsables de marketing da súa división en Microsoft, Yusef Mehdi, durante a Citi Global Technology Conference, engadindo un detalle máis sobre a consola: o procesador da Xbox One funcionará a 1,75 GHz en vez de ir aos 1,6 GHz anunciados inicialmente. Non é a única mellora que tivo a consola nos últimos meses, senón que hai pouco soubemos que a gráfica da consola tamén estaba a incrementar o seu rendemento, tanto a través dos seus novos controladores como incrementando a súa velocidade de reloxo de 800 a 853 MHz.
Con estes pequenos detalles temos que o hardware de Xbox One e PlayStation 4 reducen cada vez máis as súas diferenzas, e ata que cheguen ao mercado non poderemos saber realmente se unha das máquinas consegue na práctica un mellor rendemento, dando a impresión de que estarán moi igualadas e deberán competir en catálogo de xogos e servizos para atraer aos usuarios, en vez de esforzarse en amosar músculo.

PUBLICIDADE