A Xbox One consegue superar en vendas á PS4 en EE.UU. e Reino Unido
venres, 12 de decembro do 2014
ParecÃa que a guerra de consolas na presente xeración Ãa comezar
cun claro gañador, a PlayStation 4, despois de que a Xbox One tivese un mal
comezo por mor do seu elevado prezo, pero tras a eliminación do sensor de
Kinect da consola, que equiparou os prezos de ambos produtos, e as ofertas
puntuais de Microsoft, a situación comeza a corrixirse, e por fin a Xbox One
vende máis que a PS4 nos EE.UU.
Se ben as vendas da Xbox One foron impresionantes durante o Black Friday (cando
chegou a venderse con varios xogos por só 329 dólares), durante todo o mes de
novembro tivo unha rebaixa de 50 dólares nos EE.UU. que foi suficiente para
provocar unha importante suba nas vendas no territorio norteamericano, de xeito
que conseguiu
colocar 1,2 millóns de unidades durante tal mes, superando á PS4 e á Wii U
xuntas, o que supón un excelente comezo da campaña de Nadal, e que pode
compensar as malas vendas iniciais da máquina de Microsoft, o que claramente
beneficiará aos usuarios de todo o mundo, por manter certa competitividade no
mercado (pois nos últimos meses Sony parece ter mantido un perfil baixo en
vista da súa cómoda posición actual).
As vendas da Xbox One non só están a ir moi ben nos EE.UU., senón que tamén
acontece o mesmo en Reino Unido, dando a impresión de que as máquinas de
Microsoft van recuperar a posición lÃder que tiñan coa Xbox 360 en ambos territorios,
mentres que en paÃses como España ou o Xapón as consolas de Sony continúan a
estar moi por diante da competencia.