A Xbox One estrea un lote con xogos independentes
martes, 2 de xuño do 2015
Habitualmente as consolas de videoxogos véndense incluÃndo
un dos xogos supervendas máis relevantes, polo que resultou un tanto rechamante
que Microsoft incluÃse en exclusiva na súa tenda australiana en liña a Xbox
One Independent Developers Pack, ou sexa, un lote de Xbox One con disco
duro de 500 GB e mando sen fÃos que inclúe como contido adicional 7 xogos de
desenvolvedores independentes: #IDARB,
Warframe, Jackbox Party Pack, Threes!, Never Alone, Smite e Hand Of Fate.
Sorprende que Microsoft ouse a comercializar lote de Xbox One que opte polos
xogos independentes polos mesmo prezo que custarÃa, por exemplo, con Halo: The Master Chief Collection, aÃnda
que o feito de que esteamos ante un produto que só se vende en liña pode dar a
entender que estamos ante un experimento para coñecer mellor a recepción no
mercado dos xogos independentes, á vez que aproveitan para salientar o programa
ID@Xbox a través do que é posible publicar xogos para Xbox One sen contar coa
axuda dunha grande distribuidora.
Polo momento non se sabe se este lote chegará a verse á venda fóra de
Australia, e o que si deu
bastante que falar sobre esta nova oferta é que, durante unhas horas, na
páxina web de Microsoft, apuntábase o feito de que incluÃa o rumoreado
mando de Xbox One con conector estándar para auriculares, pero o detalle
foi eliminado da páxina web, posiblemente en espera á presentación oficial do
novo mando durante a celebración da feira E3.