A Xbox One estrea unha recompilación de 30 xogos de Rare
martes, 4 de agosto do 2015
Para conmemorar o XXX aniversario do estudio de videoxogo
Rare chega hoxe ao Bazar de Xbox LIVE o recompilatorio Rare
Replay, que por 29,99 euros ofrece 30 dos seus xogos, dende os seus
primeiros tÃtulos en 2D até os seus éxitos para Xbox 360, rescatando no camiño
a auténticos clásicos como o beat’em up Battletoads, varias entregas de Banjo-Kazooie, e incluso Perfect Dark.
Esta colección é exclusiva da Xbox One permite asà que os xogadores veteranos
poidan rememorar vellos xogos máis que destacables como Killer Instinct, Sabre Wulf
(clásico dos tempos do Spectrum), Kameo,
Viva Piñata, Slalon ou Perfect Dark Zero.
Unha selección imprescindible para os seareiros dun dos estudios máis
emblemáticos das últimas décadas, aÃnda que, loxicamente, carece dalgúns dos
seus tÃtulos máis salientables como Donkey
Kong Country ou GoldenEye 007,
por ser tÃtulos para consolas de Nintendo.
- Rare Replay inclúe varios xogos de Banjo
- Non faltan na recompilación xogo máis recentes
VÃdeo promocional de Rare Replay