A Xbox One estreará un servizo de subscrición de xogos en primavera
martes, 28 de febreiro do 2017
Nos
últimos anos os servizos de subscrición a contidos dixitais parecen querer
imporse, de xeito que Spotify normalizouse como un xeito de consumir música e
Netflix goza de moita sona para acceder á carta a pelÃculas e series de
televisión, mentres que no sector dos videoxogos temos ofertas como a de EA
Access, que por 24,99 euros/anos ofrece o acceso a unha boa colección de
xogos editados por Electronic Arts para Xbox 360 e Xbox One, e que vai ter un
duro competidor da man da propia Microsoft, que anuncia que a finais de
primavera estreará Xbox
Game Pass, un servizo que a un prezo mensual reducido ofrecerá acceso
ilimitado a máis dun cento de xogos para Xbox One (incluÃndo xogos
retrocompatibles de Xbox 360) como Halo
5: Guardians, NBA 2K16, LEGO: Batman, Mad Max, Gears of War:
Ultimate Edition, SoulCalibur II
ou Payday 2.
Polo momento fálase de que este servizo
custará 9,99 dólares/mes (o que en España posiblemente custe 9,99
euros/mes), ofrecendo un catálogo de máis dun cento de xogos que poderán
descargarse na Xbox One para poder reproducirse coma se fose do usuario mentres
se manteñan no catálogo de Xbox Game Pass (que mudará mensualmente para que a
súa oferta de xogos estea actualizada constantemente) de aà que sexa doado
describir esta oferta como «o Netflix dos videoxogos», o que non serÃa de todo
correcto, pois de comparar con outros servizos de vÃdeo serÃa máis afortunada a
analoxÃa con Wuaki TV, xa que a subscrición pode combinarse coa compra e, de
feito, os subscritores recibirán un desconto do 20% nos xogos do catálogo e do
10% nos complementos relacionados, polo que se un tÃtulo é do seu agrado e
queren poder gozar do mesmo sen limitacións temporais, poden optar a pasar por
caixa.
Será posible subscribirse a Xbox Game Pass de xeito independente a Xbox LIVE
Gold, aÃnda que a subscrición Gold continuará a ser necesaria para xogar en
liña a calquera xogo.
Este servizo pode resultar moi atractivo para xogadores que non estean
interesados unicamente nos últimos lanzamentos, de xeito que por un prezo moi
asumible poderán contar cunha boa colección de xogos aos que poder botar a man
en calquera momento para asà gozar dunha diversidade de experiencias que serÃa
inalcanzable economicamente se houbese que mercar cada un dos xogos por
separado, e dada a taxa de renovación deste catálogo pode garantirse ter sempre
tÃtulos novos que probar cada mes.
