A Xbox One ofértase a só 189 euros

venres, 2 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Co gallo do Black Friday puidemos ver como Sony realizaba un importante esforzo e ofrecía a súa consola PlayStation 4 Slim con disco de 500 GB e dous xogos por 279 euros, conseguindo un importante volume de vendas, que en moitos casos tratábase dun adianto das compras de Nadal, e na mesma liña temos agora a Microsoft, que até o 30 de decembro vai reducir considerablemente o prezo da súa Xbox One con disco duro de 500 GB, que até o momento tiña un prezo de 269,99 euros e, de xeito temporal, poderá mercarse por a partires de 189 euros.
Esta impresionante promoción chega nun momento ideal, coa Xbox One agardando por lanzamentos como Dead Rising 4, Resident Evil 7: Biohazard e Dead Island 2¸ e vindo de recibir xogos como Call of Duty: Infinite Warfare, Final Fantaxy XV, Dishonored 2, Watch Dogs 2, Steep, FIFA 17, Titanfall 2 e exclusivos como Forza Horizon 3, ReCore ou Gears of War 4.
A compra da Xbox One a un prezo tan reducido tamén é unha magnífica ocasión para os posuidores dunha Xbox 360, xa que a nova consola de Microsoft e retrocompatible con moitos dos xogos da anterior xeración (o catálogo de xogos retrocompatibles medra semana a semana), de xeito que ao saltar de xeración poden conservarse moitos títulos para así non partir de cero e poder dicir adeus á anterior xeración dun xeito pouco traumático.

PUBLICIDADE