A Xbox One poderase mercar este mes xunto con Halo: The Master Chief Collection
martes, 10 de marzo do 2015
Unha das franquÃas máis asociadas á marca Xbox é a de Halo, e por iso o vindeiro dÃa 17 Microsoft vai pór á venda un novo
paquete da súa consola Xbox One que inclúe sen custo adicional o recompilatorio
Halo: The Master Chief Collection
en formato descargable, de xeito que por 399,99 euros será posible facerse coa
nova consola de Microsoft, mando sen fÃos e auriculares, 14 dÃas de subscrición
a Xbox LIVE Gold, e os xogos Halo Combat
Evolved: Anniversary, a versión remasterizada de Halo 2: Anniversary, Halo 3
e Halo 4, xunto co acceso a Halo: Nightfall (serie de acción que
contou coa produción executiva de Ridley Scott).
Este lote de consola con xogo pode resultar atractivo dada a cantidade de
contido incluÃda na recompilación de Halo,
que garante moitas horas de diversión diante da consola, aÃnda que no caso
europeo pode non ser unha oferta tan atractiva por chegar ao prezo completo da
consola, xa que no noso territorio aÃnda non se experimentou a redución de
prezo de EE.UU., onde está dispoñible a nova consola por 349 dólares (324,61
euros).
Anuncio televisivo de Halo: The Master Chief Collection