A Xbox One supera os 3 millóns de consolas vendidas

martes, 7 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Para evitar dar a impresión de que Microsoft quere agochar as súas cifras de vendas da súa consola de nova xeración, ante a fortaleza de Sony ao lanzar a súa PlayStation 4 a partir dun prezo máis baixo, veñen de dar conta de que a Xbox One conseguiu superar a barreira dos 3 millóns de unidades vendidas, grazas á elevada demanda da nova máquina nos EE.UU.
A nova consola de Microsoft só está á venda polo momento en 13 países (entre os que figura España), polo que están moi satisfeitos coa súa elevada demanda, impulsada principalmente polo catálogo de xogos exclusivos como Forza Motorsport 5, Dead Rising 3 e Ryse: Son of Rome, aos que seguirán numerosos títulos durante 2014 como Titanfall, Watch_Dogs, Project Spark, Sunser Overdrive, Tom Clancy’s The Division, The Witcher 3: Wild Hunt, Destiny, Plants vs. Zombies: Garden Warfare e The Elder Scrolls Online, que axudarán a consolidar o que parece o mellor catálogo de xogos da nova xeración de consolas, o que pode sorprender ao estarmos ante unha máquina que non quixo centrarse só nas súas funcións de xogo, xa que destinou boa parte dos seus esforzos nas funcións de centro multimedia do fogar.

PUBLICIDADE