A Xbox Series S venderase con 3 meses de Xbox Game Pass Ultimate sen custo adicional
venres, 13 de outubro do 2023
Para
facilitar o salto á actual xeración de consolas Xbox dende Microsoft anuncian
o Xbox Series S – Starter Bundle, un lote orientado a introducir aos
xogadores no mundo dos videoxogos, para o que inclúe unha Xbox Series S con 512
GB de capacidade de almacenamento, un mando Xbox sen fÃso e 3 meses de Game
Pass Ultimate, ou sexa, que con sacar a consola da caixa e configurala xa e
pode gozar tanto de xogos mercados como de centos de xogos incluÃdos no servizo
de subscrición de Xbox.
Esta
configuración da Xbox Series S ten un prezo oficial de 299,99 euros e estarÃa
dispoñible a partir do vindeiro 31 de outubro. Este lote supón un aforro dos
44,99 euros que custa unha subscrición de 3 meses a Xbox Game Pass Ultimate,
aÃnda que cómpre lembrar que a Xbox Series S é relativamente doada de atopar a un prezo de 269,99
euros, polo que o novo pack serÃa recomendable no caso de querer realmente
tirar proveito das vantaxes de Xbox Game Pass (servizo que ofrece tanto xogos para
instalar como para xogar na nube).