A Xbox Series X poderase personalizar con fundas
luns, 21 de agosto do 2023
Que a
PlayStation 5 en cor branca non era do agrado de moitos xogadores non era
ningunha sorpresa, e Sony, en vez de lanzar modelos de cores da consola, optou
por comercializar carcasas
intercambiables cunha grande variedade de cores, facilitando así a
personalización da consola, e Microsoft parece querer ir polo mesmo camiño, e
aínda que xa vendeu algunha versión especial da Xbox Series X, finalmente optou
por apostar pola súa personalización
a través do que deu en chamar fundas.
O 18 de outubro será cando estea dispoñible a funda
para Xbox Series X inspirada no xogo Starfiled, que poderase mercar
a un prezo de 49,99 euros, e que presenta uns deseños coidados que van moito
máis aló dunha simple combinación de cores; mentres que o 10 de novembro porá á
venda por 44,99 euros unha funda para Xbox Series X máis modesta, con aparencia
de camuflaxe, para usuarios máis atrevidos.
Estas fundas están formadas por paneis sólidos e cun tecido de máquina, que se
axustan con grande precisión á consola, envolvéndoa perfectamente co seu
material de silicona impreso que fíxase cun peche de velcro, polo que a súa
instalación é moito máis doada que as carcasas de PS5 ou das os vinilo adhesivo
que teñen comercializado para outras consolas no pasado.