A Xbox celebra os seus 20 anos
luns, 15 de novembro do 2021
Esta tarde Microsoft celebrou un evento para conmemorar o
20º aniversario da consola Xbox, aproveitando a ocasión para realizar anuncios
importantes como que o 13 de decembro estrearase o documental Power On: La historia de Xbox,
que a colección de xogos retrocompatibles incorporou 70
tÃtulos de Xbox 360 e Xbox nas últimas horas e, como grande sorpresa, anunciouse
o inicio
da beta multixogador de balde de Halo Infinite e a primeira tempada do xogo tres semanas
antes do previsto.
Halo Infinite chega en versión para Xbox One e Xbox
Series X|S, asà como para PC (plataforma para a que tamén está
dispoñible a través de Steam), sendo o lanzamento oficial do xogo o 8 de
decembro. Deste xeito, calquera usuario que o desexe pode comezar a gozar hoxe da
experiencia de xogo de Halo Infinite, mantendo os elementos que consiga unha
vez que o xogo pase a ser oficial tras a súa estrea, cando o xogo contará cunha
campaña e un modo multixogador de balde, para recibir ao longo do ano que vén
máis contido como os modos Forxa e cooperativo.
VÃdeo do evento de celebración do 20º aniversario de Xbox