A Xbox terá mandos con olor a pizza

luns, 24 de xullo do 2023 Marcus Fernández

Co gallo do lanzamento do filme Ninja Turtles: Caos Mutante o vindeiro mes de agosto dende Microsoft sorprenden lanzando unha edición limitada de mandos sen fíos para Xbox que non só presentan unha estética inspirada nas Tartarugas Mutantes, senón que incluso se converten no primeiro mando de Xbox con cheiro a pizza.
Estes novos mandos integran un difusor de olores, con forma de porción de pizza, aínda que tamén cómpre advertir do feito de que os mandos chegan en 4 modelos distintos, un para cadansúa tartaruga de ficción, incluíndo o seu nome, as súas armas e as súas cores no deseño que decora o exterior do mando.
Estes curiosos mandos non estarán dispoñibles en tendas, senón que só poderán conseguirse a través dunha promoción.

Os novos mandos con olor a pizza só poderán conseguirse a través dunha promoción do novo filme das Tartarugas Mutantes

PUBLICIDADE