A Xbox traballa en reducir a súa pegada de carbono

venres, 13 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

Os usuarios de consolas Xbox Series X|S adheridos ao programa Xbox Insider están a recibir unha actualización que mellora a función de apagado da consola sen afectar ao rendemento, a xogabilidade e a capacidade para recibir actualizacións nocturnas do sistema, os xogos e as aplicacións, de xeito que conta agora cun apagado con aforro de enerxía que supón un consumo eléctrico até 20 veces menor que o axuste En Repouso.
A nova función, en vez de manter a consola en repouso durante todas as horas nas que non se use, para descargar e instalar actualizacións en función de cando van saíndo, procurará realizar as tarefas de mantemento durante as horas nas que a produción enerxética proveña da maior proporción de enerxías renovables que sexa posible, o que supón un funcionamento máis sustentable e incluso máis económico. Tras as probas desta función, esta chegará ao resto de usuarios de Xbox.
Adicionalmente tamén melloran a sustentabilidade da Xbox con Horas Activas e Durmir (ou sexa, que poden establecerse rangos horarios nos que poderemos activar rapidamente a consola ou activala remotamente).
En definitiva, Xbox aposta pola redución da pegada de carbono para que o futuro dos videoxogos poida ser máis sustentable.

PUBLICIDADE