A Xunta abre perfís en redes sociais dirixidos a avanzar na igualdade laboral

luns, 10 de maio do 2021 S. P.

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de poñer en marcha perfís de igualdade laboral nas redes sociais como “continuidade do compromiso adquirido coa mesa do Diálogo Social” e trala posta en marcha do portal Aigualdadelaboral.gal. A través dos mesmos búscase “crear novas canles para sensibilizar e difundir as medidas de igualdade promovidas pola Comunidade na esfera laboral”.
Os dous perfís abertos en Facebook e LinkedIn están focalizados en loitar conta os obstáculos que atopan as mulleres no ámbito do emprego e faino reflectindo a actualidade e as actuacións na materia, a través da xeración de contidos relevantes e de carácter informativo con perspectiva de xénero.
As novas canles sociais constitúen un espazo de encontro para as persoas traballadoras, o tecido empresarial e a cidadanía xeral, para seguir impulsando de xeito decidido a igualdade laboral”, explicaron fontes da Consellería, destacando tamén as posibilidades sociais e laborais que se abriron coa web Aigualdadelaboral.gal, na que se inclúe a lexislación vixente, información relativa aos plans de igualdade, unha guía de axuda para a súa elaboración e unha completa ferramenta de autoavaliación en materia de igualdade laboral, entre outros.

PUBLICIDADE