A Xunta achega o proxecto de reclamación dixital en materia de consumo aos hipermercados
venres, 20 de xuño do 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, visitou esta mañá un dos establecementos da cadea Carrefour, situado no centro comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela. Neste punto de venda está dispoñible o sistema de reclamacións dixitais mediante código QR, unha iniciativa que xa se está a implantar en múltiples locais comerciais de Galicia.
Gabriel Alén agradeceu a implicación da empresa e o seu compromiso coa atención ao cliente, e lembrou que, ante calquera dúbida relacionada co consumo, a cidadanÃa pode recorrer ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia. Na actualidade, máis de 200 establecementos en toda Galicia dispoñen xa deste sistema de reclamación dixital.
o director xeral salientou a sinxeleza, rapidez e utilidade do sistema, que permite ás empresas manter unha canle de comunicación directa cos seus clientes. Explicou que o proceso consiste en escanear un código QR que leva a un formulario en liña onde se introducen os datos persoais e o motivo da reclamación. Esta é enviada á empresa de forma electrónica e, automaticamente, o usuario recibe un correo indicando o dÃa e hora da presentación, asà como o prazo dun mes que ten a empresa para responder.
Se transcorrido ese mes non hai resposta ou esta resulta insatisfactoria, a persoa consumidora pode presentar unha nova reclamación ante o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, a través dun enlace incluÃdo no mesmo correo e aproveitando os datos xa cubertos na primeira reclamación.
