A Xunta achegará 2,2 millóns de euros para actividades formativas do Clúster TIC
luns, 2 de decembro do 2024
O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dos convenios entre a ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración e os principais clústers e entidades representativas de nove sectores estratéxicos da economÃa de Galicia para continuar impulsando a formación axustada á demanda das necesidades do tecido produtivo. O obxectivo, na liña pola que tamén avoga Europa, é favorecer a recualificación e cualificación da poboación activa (tanto persoas ocupadas como desempregadas) ao tempo que se incrementa a competitividade das empresas e se dá resposta a retos globais como a cobertura de vacantes.
Deste xeito, hoxe deuse o visto e prace á colaboración que se formalizará co Clúster do Sector Naval Galego (Aclunaga), o Clúster do Sector do Metal (Asime), a Fundación Clúster da Automoción e a Mobilidade de Galicia (Ceaga), a Asociación de Centros de Ensino de PerruquerÃa e Estética de Galicia (Cepega), o Clúster das EnerxÃas Renovables (Cluergal), a Federación Galega de Comercio, a Fundación Laboral de la Construcción, o Clúster da Función LoxÃstica e o Clúster TIC de Galicia.
En global, o investimento roldará os 7,5 millóns de euros entre este ano e o 31 de marzo de 2025, co que se prevé a formación de máis de 17.100 persoas a través da realización de preto de 550 cursos. No caso concreto do Clúster TIC Galicia, para a realización de accións formativas da poboación activa destinaranse un total de 2.218.136 euros.
Itinerarios prácticos deseñados polos sectores
Coa sinatura destes convenios, a Xunta busca ir da man dos sectores produtivos con maior impacto e proxección no mercado laboral para impulsar a súa competitividade a través do talento especializado, acorde coas competencias concretas que precisan.
Os itinerarios que se imparten, de curta duración e de carácter práctico e non formal, son deseñados e impartidos polas propias entidades, o que incrementa a eficacia destes cursos. No ámbito das TIC, realizaranse formacións sobre programación avanzada e desenvolvemento de aplicacións web, entre outras.
Os cursos deben estar relacionados co Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Deste xeito, os coñecementos adquiridos permiten ao alumnado participar posteriormente, se asà o desexa, no procedemento de acreditación de competencias para obter un certificado de profesionalidade.