A Xunta achegará axudas de dixitalización a 132 proxectos

xoves, 22 de agosto do 2019 Redacción

O Goberno galego quere que o tecido produtivo de vangarda suba aínda máis chanzos en transformación e innovación. Nesta liña insírese o programa de axudas á dixitalización da Industria 4.0, que apoia a 132 beneficiarios. O programa, co-financiado entre o IGAPE e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, abrangue un investimento de preto de 2,30 millóns de euros.
A contía será encamiñada a apoiar a integración de novas tecnoloxías nas empresas e a establecer colaboracións precisas para a súa posta e marcha. Financiaranse proxectos de colectivos de agrupacións, PEME e iniciativas promovidas a nivel individual.
A finalidade é optimizar a competividade e o día a día das PEME en todo tipo de mercados, galegos, estatais e internacionais. As iniciativas dixitais serán financiadas ao 30% no caso das pequenas empresas, e ao 20% para as medianas, sendo o obxectivo impulsar a súa modernización e favorecer ligazóns colaborativas interempresariais. A segunda convocatoria destas características ficará aberta para a presentación de proxectos até o vindeiro 20 de setembro.

PUBLICIDADE