A Xunta amosa as capacidades en supercomputación e cuántica ao Ministerio para a Transformación Dixital
xoves, 18 de decembro do 2025
A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, amosoulle esta mañá á directora xeral de Intelixencia Artificial, Aleida Alcaide, do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, as capacidades do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). A representante da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP puxo en valor a intensa expansión que está a vivir o centro, no marco da aposta da Xunta de Galicia por tecnoloxÃas como a cuántica, a supercomputación e a intelixencia artificial, polo seu potencial transformador do tecido produtivo e social e polo seu papel no avance da I+G+i.
En concreto, o CESGA está a acometer unha ampliación das súas infraestruturas cun investimento de 56 millóns de euros procedentes de fondos europeos e de fondos propios da Xunta de Galicia. Esta actuación inclúe a construción dun novo edificio no polÃgono compostelán da Sionlla, a adquisición dun novo supercomputador (o Finisterrae IV), un novo sistema de almacenamento e a compra dun novo ordenador cuántico, que vén de ser adxudicado.
Ademais, a candidatura do CESGA para albergar unha das 19 factorÃas europeas de intelixencia artificial acaba de ser aprobada, cun investimento de 82 millóns de euros (o 50 % con fondos europeos e o 50 % con achegas estatais e galegas). Esta fábrica de IA, que levará o nome de 1HealthAI, estará centrada no ámbito da saúde e permitirá a adquisición dun novo supercomputador especÃfico para intelixencia artificial, asà como dunha plataforma de supercomputación avanzada optimizada para IA experimental. Tamén prestará servizos de apoio integral, de xeito gratuÃto, a empresas e centros de investigación.
Posicionamento de Galicia en tecnoloxÃas cuánticas
Carmen Cotelo tamén interveu esta mañá na II Conferencia Internacional de Cuántica Empresa, organizada por Fujitsu en colaboración co CESGA e a Xunta de Galicia. No seu relatorio explicou a aposta de Galicia polas tecnoloxÃas cuánticas, coa ambición de situarse como referente no horizonte de 2030. Asà mesmo, detallou a folla de ruta para acadar este posicionamento, salientando fitos acadados en 2025 como a adhesión ao Ano Internacional da Ciencia e da TecnoloxÃa Cuántica 2025, o liderado do proxecto Quorum Spain (Ecosistema de innovación en tecnoloxÃas cuánticas) ou a concesión da participación galega no Centro europeo de excelencia en cuántica (QEX).
