A Xunta amosa en Copenhague as capacidades de Galicia en tecnoloxÃas cuánticas
martes, 11 de novembro do 2025
A Xunta de Galicia participa esta semana na Conferencia Europea de TecnoloxÃas Cuánticas, que se celebra en Copenhague (Dinamarca). A ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP dispón dun expositor para dar a coñecer a Rede galega de tecnoloxÃas cuánticas, integrada por máis dunha decena de entidades galegas que lideran o desenvolvemento destas solucións en campos como a computación, as comunicacións ou a sensórica.
Entre os avances máis destacados que se presentan figura a nova liña terrestre de comunicación cuántica recentemente completada, que une Santiago de Compostela con Vigo e se converte na máis longa de España. Cunha extensión superior aos 120 quilómetros, esta infraestrutura permite un fluxo de comunicación ultraseguro e está chamada a conectarse co resto da Unión Europea como parte da nova rede continental EUROQCI.
O evento, organizado con motivo da Presidencia de Dinamarca do Consello da Unión Europea e que reúne arredor dun milleiro de participantes, congrega os principais actores do ecosistema cuántico europeo e internacional, desde representantes polÃticos ata investigadores e empresas de todo o mundo. A cita serve para establecer novas colaboracións, asistir a conferencias especializadas e coñecer os últimos avances e aplicacións neste ámbito tecnolóxico.
Maior proxección exterior
A presenza galega en Copenhague enmárcase na dobre aposta da Xunta polas tecnoloxÃas cuánticas. Por unha banda, Galicia conta cunha traxectoria consolidada neste campo e un notable potencial competitivo a nivel internacional; e, pola outra, o Goberno autonómico busca reforzar a proxección exterior do ecosistema galego, poñendo en valor tanto as súas infraestruturas como o talento existente.
No expositor galego dáse a coñecer o traballo desenvolvido no Polo de TecnoloxÃas Cuánticas de Galicia, un hub que agrupa 14 entidades: a Xunta de Galicia, o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), as tres universidades públicas galegas (Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña), Dihgigal, DataLife, os centros tecnolóxicos Gradiant, ITG, Aimen e CTAG, a Asociación Centro de TecnoloxÃas Fotónicas (Aephos), o Clúster TIC e Fujitsu.
Esta acción forma parte do proxecto QUORUM: ConstruÃndo ecosistemas de impacto en cuántica, no que participan a Axencia Galega de Innovación (Gain), Gradiant, o Cesga e FSAS Technologies (Fujitsu), xunto con outras entidades españolas. O proxecto está financiado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e conta con fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A participación galega nesta cita coincide co Ano Internacional da Ciencia e da TecnoloxÃa Cuántica, declarado polas Nacións Unidas e patrocinado, entre outras entidades, pola Xunta de Galicia.
