A Xunta apoiará a celebración do Día das Letras Galegas na Rede

luns, 9 de abril do 2012 Raquel Noya

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou hoxe a súa intención de colaborar activamente nas actividades que a Real Academia Galega (RAG) leve a cabo con motivo da festividade das Letras Galegas 2012, dedicada a Valentín Paz-Andrade.
Entre as propostas tecnolóxicas achegadas no programa da Xunta para esta cita, que por certo coincide co 50º Aniversario do Día das Letras Galegas, en Código Cero destacamos o apoio á web oficial do homenaxeado, promovida por Industrias Pesqueras, así como a difusión de poemas sobre o escritor a través da TVG durante todo o mes de maio, que serán emitidas en formato de minipezas audiovisuais.
A maiores cabe destacar que a Dirección Xeral de Xuventude e a Secretaría Xeral de Política Lingüística vanse sumar tamén aos actos de celebración desta data sinalada para as letras e para Internet (lembremos que o 17 de maio tamén é o Día de Internet), promovendo unha nova edición do evento Lingua de namorar, un concurso de declaracións amorosas en galego a través da Rede, que vincula a celebración das Letras Galegas e Internet e que se enfoca á xente nova.

PUBLICIDADE