A Xunta aumenta un 50% as achegas para a edición de materiais didácticos (impresos ou dixitais) en galego
martes, 28 de abril do 2026
Nas páxinas que publica hoxe martes, 28 de abril, o Diario Oficial de Galicia, dáse conta do incremento do 50% das axudas que a Xunta de Galicia- a través da ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude- vén de anunciar para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios ao elevar a achega para este ano ata os 300.000 euros. a para materiais en formato impreso ou dixital.
A finalidade destas achegas, encamiñadas ás empresas do sector editorial, é fomentar a elaboración e publicación de recursos didácticos curriculares en galego no ensino regrado e asà favorecer o tecido da industria editorial galega. Aquelas que cumpran os requisitos deberán enviar as súas solicitudes a través da sede electrónica da Xunta ata o 22 de maio.
Seguindo esta liña, serán subvencionables os recursos realizados en soportes impresos ou dixitais. Ficarán excluÃdos os libros de creación literaria, dicionarios, enciclopedias, libros de bibliófila, volumes de difusión gratuÃta, publicacións de clubs de lectura ou semellantes, obras que non sexan primeira edición ou proxectos con contidos idénticos aos xa subvencionados nalgunhas das tres últimas convocatorias.
Os materiais editados en soporte impreso deberán ter unha tiraxe mÃnima de 1.000 exemplares, mentres que en dixital ou audiovisual será de 500. As publicacións electrónicas, pola súa natureza, non están suxeitas a este requisito e, de se editar nalgún soporte tanxible (memoria USB, CD, DVD ou outros), a tiraxe mÃnima será de 50 exemplares.
Os proxectos presentados serán valorados por unha comisión segundo a súa orixinalidade e da súa calidade, que se medirá en función da adaptación dos materiais ao currÃculo oficial, do tipo de actividades propostas, da relación dos contidos cos intereses e coñecemento do alumnado ao que se destina, do tratamento dos valores democráticos, da adecuación á realidade cultural e social de Galicia e, tamén, da calidade lingüÃstica.
Para rematar, sinalar que os materiais destinados á formación profesional especÃfica ou ao alumnado con necesidades especÃficas de apoio educativo obterán un incremento final da puntuación global dun 20%.
