A Xunta avalÃa con representantes da infancia as novas medidas recollidas no anteproxecto da primeira Lei de violencia dixital
venres, 15 de maio do 2026
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, MarÃa Quintiana, mantiveron unha reunión con dous integrantes do Consello Autonómico da Infancia e da Adolescencia (CAIA), Beatriz Mariahn Comesaña e Iván Alejandro Cruz, para analizar algunhas das medidas incluÃdas no anteproxecto da primeira Lei de Violencia e Acoso Dixital de Galicia, que prevé unha protección especÃfica para a mocidade.
Durante o encontro, explicaron que o texto impulsado pola Xunta pretende converterse no primeiro marco normativo de España e de Europa orientado á regulación dos delitos cometidos na rede que afectan especialmente á mocidade, ás mulleres e ao colectivo LGBTI. Nese sentido, destacaron que un dos piares da futura lei será un plan formativo dirixido aos axentes sociais que estean en contacto coas posibles vÃtimas, coa finalidade de proporcionarlles máis ferramentas e recursos para reforzar a protección e definir pautas de actuación fronte a este tipo de delitos.
Roberto Barba e MarÃa Quintiana subliñaron tamén a importancia de implicar á mocidade en todo o proceso, ao tratarse dun dos colectivos máis expostos aos delitos dixitais. AsÃ, trasladáronlles que o papel dos representantes da infancia e da adolescencia galega será clave tanto na posta en marcha da norma como unha vez entre en vigor, ao seren axentes fundamentais na difusión das medidas de prevención e sensibilización e dos recursos de atención e protección.
Os representantes do CAIA aproveitaron igualmente a reunión para expor algunhas das principais preocupacións da mocidade en materia de igualdade, entre elas a educación afectivo-sexual e a incorporación da perspectiva de xénero nos itinerarios educativos. Roberto Barba e MarÃa Quintiana detallaron algúns dos recursos cos que conta a Xunta neste ámbito, como os centros Quérote +, centrados no asesoramento para a construción de relacións afectivo-sexuais igualitarias, asà como iniciativas desenvolvidas nos institutos galegos, caso do programa O machismo é violencia, que leva ás aulas o testemuño directo de mulleres vÃtimas de violencia machista para sensibilizar ao alumnado.
Na reunión tamén se abordaron cuestións relacionadas coa seguridade das mulleres en determinados espazos públicos ao aire libre. Os directores xerais explicaron que a Xunta está a incorporar a perspectiva de xénero nos novos proxectos, como sucede no aparcadoiro de camións de San Cibrao das Viñas, en Ourense, que inclúe espazos seguros e diferenciados para as condutoras.
Outra das preocupacións trasladadas pola mocidade foi a necesidade de impulsar novos referentes femininos en ámbitos como o deporte. MarÃa Quintiana animou os representantes do CAIA a coñecer e divulgar a plataforma Presentes, unha iniciativa da Xunta creada para visibilizar mulleres profesionais de Galicia que desempeñan un papel destacado en distintos sectores, incluÃdos algúns tradicionalmente masculinizados, sen contar aÃnda co recoñecemento que lles corresponde.
