A Xunta avalÃa o funcionamento do programa E-Dixgal
luns, 7 de abril do 2025
A Xunta pon en marcha unha enquisa dirixida ao profesorado que emprega o programa E-Dixgal, como parte das accións recollidas na folla de ruta para a revisión e actualización deste proxecto, impulsado pola ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O obxectivo é reforzar o modelo hÃbrido de ensino, no que as metodoloxÃas tradicionais se combinan e complementan cos novos desafÃos dixitais.
A enquisa está dirixida ao profesorado de todos os niveis educativos que imparten algunha materia a través de E-Dixgal, e poderá cubrirse en liña a través do correo electrónico até o vindeiro venres.
Trátase dun cuestionario que busca avaliar o funcionamento do programa desde a perspectiva do profesorado, facendo fincapé en aspectos como os medios técnicos e servizos (facilidade de uso, funcionamento da interface, incidencias técnicas...), a calidade dos contidos, a formación e o asesoramento recibidos ou o tempo de uso, entre outros. Ademais, a enquisa permitirá recoller opinións sobre cuestións como a motivación do alumnado, a evolución da súa competencia dixital e formativa, o impacto no estudantado con necesidades educativas especÃficas ou os procesos de avaliación.
A finalidade principal é recompilar o maior número posible de datos obxectivos que contribúan a enriquecer o proceso de revisión e adaptación do programa aos novos contextos, baseándose en evidencias cientÃficas e no diálogo co conxunto da comunidade educativa. Neste sentido, a revisión foi xa tratada no último Consello Escolar de Galicia e leváronse a cabo reunións de traballo con representantes das ANPAS e das direccións dos centros educativos.