A Xunta colabora co MUVI na elaboración dun censo actualizado dos videoxogos galegos
martes, 15 de xullo do 2025
O Consello da Xunta vén de aprobar a sinatura dun convenio entre a ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Museo do Videoxogo (promotora do MUVI) co obxectivo de preservar, identificar e difundir os videoxogos creados en Galicia, recoñecéndoos como parte do seu patrimonio audiovisual e cultural.
Este acordo supón unha achega de 10.200 euros para impulsar un programa centrado na conservación dos videoxogos producidos na Comunidade e na aplicación efectiva da lexislación sobre depósito legal. Neste marco, a Biblioteca de Galicia actuará como centro depositario de referencia.
A Xunta entende os videoxogos como unha manifestación cultural e artÃstica e considera esencial contar coa experiencia da Fundación Museo do Videoxogo, cuxo equipo coñece de primeira man o ecosistema galego da industria, incluÃndo empresas e creadores. A colaboración coa Biblioteca de Galicia será clave para identificar os tÃtulos que deben estar suxeitos ao depósito legal e garantir a súa descrición bibliográfica.
Entre as accións previstas está a elaboración dunha base de datos cos axentes do sector e a creación dun directorio de videoxogos desenvolvidos por empresas con sede en Galicia. Tamén se informará aos produtores sobre a obriga legal de depositar os seus produtos e promoverase entre os centros conservadores a importancia da súa implicación na preservación destes materiais.
O convenio contempla ademais a identificación de necesidades tecnolóxicas para asegurar a conservación tanto dos videoxogos dixitais como daqueles editados en formato fÃsico, evitando a súa obsolescencia. Como colofón, a Biblioteca de Galicia acollerá unha mostra bibliográfica sobre a historia dos videoxogos en Galicia, co fin de poñer en valor esta expresión cultural contemporánea.
