A Xunta comparte a súa experiencia en lexislación sobre a IA na Universidad de Castela-A Mancha
xoves, 15 de maio do 2025
O director da AMTEGA, Julián Cerviño, compartiu hoxe en Toledo a experiencia da Xunta de Galicia en materia de lexislación sobre intelixencia artificial ante o alumnado do Curso de Formación Continua de Especialización en Dereito Administrativo e IA da Universidade de Castela-A Mancha.
Durante a súa intervención, Cerviño salientou a aposta do Goberno galego por situar Galicia na vangarda do desenvolvemento e uso da intelixencia artificial a través de iniciativas singulares, como a creación dun nodo de colaboración arredor desta tecnoloxÃa no espazo da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal; a atracción da Axencia Estatal de Supervisión da IA a esta comunidade; ou a propia redacción da Lei para o Desenvolvemento e Impulso da IA, pioneira entre as rexións europeas.
O responsable da AMTEGA explicou ao alumnado o modelo de gobernanza da intelixencia artificial que recolle a normativa galega, segundo o cal calquera proxecto da Administración que incorpore esta tecnoloxÃa debe ser supervisado e aprobado por unha Oficina de IA encargada de analizar os riscos e garantir o cumprimento legal. Ademais, os proxectos máis complexos poderán ser avaliados por unha comisión de asesoramento composta por persoas expertas.
O curso, no que participan arredor de cen persoas, está dirixido a empregados públicos da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, seleccionado pola Escola de Administración Rexional, asà como a unha cota procedente doutras administracións e do sector privado.
