A Xunta comprométese a colaborar coa Irmandade Xurídica para garantir o galego na nova ferramenta da Xustiza

luns, 23 de xuño do 2025 S. P.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, asinaron os días pasados un protocolo de colaboración para impulsar o uso do galego co Colexio Notarial de Galicia e a Irmandade Xurídica, aproveitando a xuntanza anual desta última entidade que este ano dedicou a este ámbito. Entre os obxectivos deste acordo figura o de facilitar a presenza da nosa lingua nas canles e plataformas tecnolóxicas de uso no ámbito xudicial, poñendo en o foco na aplicación informática Atenea, que se prevé implantar nos vindeiros seis meses.
Campos e García sinalaron que “damos un paso máis no noso obxectivo de fomentar o uso da lingua en moi diferentes eidos e sectores como é o da xustiza ou o da Administración, sumando aos profesionais da notaría neste camiño que iniciamos ao abeiro do Pacto pola Lingua. E engadiron: “Comprometémonos a reactivar a presenza do idioma nas notarías de Galicia, recoñecendo a validez xurídica dos documentos públicos redactados en galego e dándolle valor e prestixio”.
Lembraron que o Goberno autonómico anunciou hai uns días que iniciará un proceso de diálogo co Executivo central para “garantir que o novo sistema informático de xestión procesual que vai implantar o Ministerio de Xustiza, Atenea, esta dispoñible tamén en lingua galega”. Por outra banda, tamén se puxeron xa en marcha distintas colaboracións mediante sinaturas de convenios para potenciar a lingua en ámbitos estratéxicos, como o asinado co conselleiro de Sanidade, co Fiscal Superior de Galicia ou coa Administración para realizar cursos de lingua e cultura galegas.
Ademais da xuntanza, nesta xornada a Irmandade Xurídica rendeu homenaxe ao que fora o primeiro notario en utilizar a lingua galega, descubrindo onde a Falcultade de Dereito da Universidade de Santiago o busto de Victorino Gutiérrez Aller ( Lalín, 1937–2024).
En 1989 o xurista lalinense elaborou o coñecido como Formulario Notarial, editado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e distribuído a todas as notarías de Galicia.