A Xunta consolida o seu compromiso coa seguridade laboral ante os retos da transformación dixital
luns, 28 de abril do 2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado da xerente do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), Adela Quinzá-Torroja, inaugurou esta mañá no Centro de Novas TecnoloxÃas de Santiago a xornada Persoal técnico en PRL: invisibles no éxito, organizada polo Issga no marco da conmemoración do DÃa Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo.
O secretario xeral salientou o firme compromiso do Goberno galego coa creación de contornas de traballo seguras e saudables e co benestar laboral, e subliñou que precisamente hoxe a Xunta vén de publicar unha declaración institucional na que se destaca a importancia de seguir consolidando unha xestión preventiva eficaz tanto dos riscos tradicionais coma daqueles derivados da transformación dixital e da evolución nas novas modalidades de traballo.
A Organización Internacional do Traballo (OIT) escolleu como lema para o ano 2025 Revolucionar a saúde e a seguridade: o papel da IA e a dixitalización no traballo, co obxectivo de afondar en como as TIC (como a automatización de tarefas, o uso de ferramentas intelixentes e sistemas de supervisión, a xestión algorÃtmica do traballo ou a realidade ampliada ou virtual) están a transformar a seguridade e a saúde dos traballadores. Neste contexto, a Xunta de Galicia, a través do Issga, avanza na resposta a estes novos retos e escenarios laborais, incidindo na importancia de potenciar un enfoque centrado nas persoas e poñendo o foco en ámbitos como o ergonómico e o psicosocial. AsÃ, no marco da Estratexia de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia Horizonte 2027, están a impulsarse diferentes medidas para sensibilizar e afondar no coñecemento destes desafÃos emerxentes, promovendo o uso seguro das tecnoloxÃas, boas prácticas e o intercambio de información e coñecemento.