A Xunta destaca a importancia do proxecto Twin NavAux
mércores, 2 de xullo do 2025
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, destacou esta mañá a importancia de aproveitar as oportunidades que ofrece a era dixital para fomentar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico en sectores clave da economÃa galega, como o naval, a automoción ou a aeronáutica.
«Un reto co que a Xunta de Galicia está firmemente comprometido a través da participación en proxectos como o Twin NavAux», salientou durante a apertura das xornadas celebradas hoxe en Vigo baixo o tÃtulo TecnoloxÃas avanzadas nun xemelgo dixital intelixente. Casos de éxito - Proxecto Twin NavAux.
Fernández Vila lembrou que o obxectivo principal do programa Twin NavAux é sentar as bases tecnolóxicas e establecer as condicións para a formación do persoal necesario que permita a implantación masiva de xemelgos dixitais de produtos, tanto no sector naval como noutros sectores produtivos da Eurorrexión. Trátase dun proxecto enfocado no impulso desta tecnoloxÃa na industria auxiliar naval de Galicia e do Norte de Portugal, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VA España-Portugal (POCTEP).
O Twin NavAux dispón dun orzamento duns 1,4 millóns de euros, dos cales algo máis dun millón proceden de fondos Feder e o resto achegado polos socios do consorcio. Entre estes atópanse, xunto coa Xunta de Galicia, a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga), a Universidade da Coruña, o Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica (CATIM), a Universidade Portucalense Infante Dom Henrique e as empresas Ibercisa Deck Machinery SA, Industrias Ferri SA e Electrorayma SL.
A xornada contou coa intervención do recoñecido experto en ciberseguridade Chema Alonso, asà como coa participación dos responsables de numerosas empresas galegas e portuguesas que presentaron os xemelgos dixitais que están a desenvolver e as tecnoloxÃas que os sustentan.
